Subdivisións de Armenia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Armenia está organizada político-territorialmente en once subdivisións. Destas once, dez son chamadas provincias, marzer (en armenio մարզեր), en singular marz (մարզ), que é derivada da palabra persa marz, cuxo significado é fronteira, límite. Iereván é tratada separadamente e recibe status especial de hamaynq (համայնք) por ser a capital do país. O líder do executivo en cada unha das 10 provincias é o marzpet (մարզպետ) ou gobernador da marz, nomeado polo goberno de Armenia. En Iereván, o líder do executivo é o prefecto, escollido polo presidente.
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |