Submarino nuclear
submarino propulsado por enerxía nuclear / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un submarino nuclear é un submarino que se move por medio dun reactor nuclear. As vantaxes de rendemento dos submarinos nucleares fronte aos "convencionais" submarinos diésel-eléctricos son considerables. A propulsión nuclear independente do aire permite ao submarino manterse máis tempo baixo a superficie, ao non necesitalo para a combustión. A gran cantidade de enerxía xerada polo reactor tamén permite aos submarinos nucleares operar a unha alta velocidade durante períodos de tempo longos, e apenas consomen combustible para operar. As últimas xeracións de submarinos nucleares non necestitan recargar o combustible en todo o seu período útil de 25 anos.[1]