Substantivación - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Substantivación.

Substantivación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A substantivación[1] é un tipo de transposición consistente no paso dun vocábulo específico, frecuentemente adxectivo, nun acto de fala concreto, á clase de palabra substantivo por estar desenvolvendo a función sintáctica de núcleo do sintagma nominal.

Tipos

Hai substantivación, entre outras moitas posibilidades, nos seguintes casos:

  1. Un adxectivo substantivado con función nuclear no sintagma nominal suxeito: O innovador parece atractivo.
  2. Un adxectivo substantivado con función nuclear no sintagma nominal de complemento directo: Degoro as feixoas.
  3. Un adverbio substantivado que fai a función de suxeito: O si das raparigas.
  4. Unha oración substantivada que fai a función de complemento indirecto: Voulle entregar doces a tódolos nenos que teñan as mans limpas.
  5. Unha oración substantivada que fai a función de suxeito: Tódolos nenos que teñan as mans limpas collan cadansúa torta.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para substantivación.

Véxase tamén

Outros artigos

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Substantivación
Listen to this article