Supercopa de España de baloncesto
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Supercopa de España de baloncesto, actualmente coñecida por motivos de patrocinio como Supercopa Endesa, é unha competición que se celebra anualmente en España entre catro equipos: o gañador da Liga ACB, o gañador da Copa do Rei, o equipo local e o equipo que faga mellor participación en competicións europeas a pasada campaña. Se o mesmo equipo gaña a Copa e a Liga, entón os dous seguintes equipos na Liga ACB compiten.
Tipo | national basketball supercup (en) |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Asociación de Clubs de Baloncesto |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1984 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Real Madrid Baloncesto (10º) (2023) |
Outro | |
Páxina web oficial | acb.com |
A Supercopa naceu na década de 1980. Neste época a Supercopa enfrontaba ao campión da Liga ACB co campión da Copa do Rei (subcampión se un equipo facía dobrete) en pista neutral. O Real Madrid levou a edición do ano 1984, o Joventut de Badalona as dos anos 1985 e 1986 e, a última en 1987, foi para o FC Barcelona. En 2004 renaceu a competición co formato actual.