Síndrome do intestino irritable
doenza dixestiva de tipo funcional / From Wikipedia, the free encyclopedia
A síndrome do intestino irritable ou colon irritable é unha patoloxía do aparello dixestivo caracterizada pola alteración funcional dos hábitos deposicionais e intestinais sen que estea xustificado por ningunha anomalía estrutural en ningún órgano[1]. Dado que non existe ningún marcador clínico, proba de imaxe ou calquera outro test diagnóstico, considérase unha doenza de exclusión[2] e o seu diagnóstico baséase nas manifestacións clínicas. O colon irritable diagnostícase en base a uns criterios clínicos establecidos que se coñecen coma Roma II. A prevalencia desta patoloxía abrangue entre o 10 e o 20 por cento da poboación mundial, cun claro predominio no sexo feminino.
Síndrome do intestino irritable | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | I09.0 |
DiseasesDB | 30638 |
MedlinePlus | 000246 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome do intestino irritable está asociada típicamente a outras doenzas funcionais, coma a cefalea tensional, a síndrome de fatiga crónica, a fibromialxia ou a cistite intersticial.