xeito ou método polo cal se realiza unha actividade From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha técnica (do grego, τέχνη (téchne), arte) é un procedemento ou conxunto destes, (regras, normas ou protocolos), que teñen como obxectivo obter un resultado determinado, xa sexa no campo da ciencia, da tecnoloxía, da arte, da educación ou en calquera outra actividade.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Supón o razoamento indutivo e analóxico de que en situacións semellantes unha mesma conduta ou procedemento produce o mesmo efecto, cando este é satisfactorio. É xa que logo o ordenamento da conduta ou determinadas formas de actuar e usar ferramentas como medio para acadar un fin determinado.
A técnica require tanto destrezas manuais como intelectuais, frecuentemente o uso de ferramentas e sempre de saberes moi variados. A técnica non é privativa do home, pois tamén se manifesta na actividade doutros animais e responde á súa necesidade de supervivencia. Nos animais as técnicas son características de cada especie. No ser humano, a técnica xorde da súa necesidade de modificar o medio e caracterízase por ser transmisible, aínda que non sempre é consciente ou reflexiva. Cada individuo xeralmente apréndea doutros (ás veces a inventa) e eventualmente modifícaa. É xeneralizada a crenza de que só as persoas son capaces de construír coa imaxinación algo que logo poden concretar na realidade, pero algúns primates superiores, á parte do home, poden fabricar ferramentas. A técnica, ás veces difícil de diferenciar da tecnoloxía, xorde da necesidade de transformar a contorna para adaptala mellor ás súas necesidades.
Non son conceptualmente diferentes as técnicas invocadas en:
A elección das técnicas varía de acordo ao obxectivo, as características dos participantes e do curso e da dinámica grupal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.