Talía (musa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Talía (θάλλεω, “florecer”). era a musa da comedia e da poesía bucólica ou pastoril. Era unha divindade de carácter rural, e representábase xeralmente como unha moza riseira, de aspecto vivaracho e mirada burlona, levando nas súas mans unha máscara cómica e un caiado de pastor, unha coroa de hedra na cabeza como símbolo da inmortalidade e calzada de borceguís ou sandalias.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Talía.
Talía era filla de Zeus e Mnemósine e a oitava Musa por orde de nacemento. Foi nai con Apolo dos Coribantes.