Taoísmo
corrente filosófica e relixiosa da China / From Wikipedia, the free encyclopedia
A palabra Taoísmo (ou Daoísmo) é xeralmente empregada para traducir dous termos chineses distintos, "Daojiao" (道教) (py Dàojiào, W-G Tao-chiao), que se refire aos "ensinanzas ou á relixión do Dao", e "Daojia", que se refire á (道家) "escola do Dao", a unha liña de pensamento da filosofía chinesa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Taoísmo | |
---|---|
Lingua chinesa: | 道教 |
Pinyin: | Dàoxiào |
Wade-Gilles: | Tao-chiao |
O Yin-Yang, ou Taixi, diagrama frecuentemente utilizado para simbolizar o Taoísmo. |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Así, o termo Taoísmo ten máis dun sentido no occidente, pode referirse a:
- Unha escola de pensamento filosófico chinés que se basea nos textos do Tao Te Ching atribuídos a Lao Tsé e nos escritos de Chuang Tse.
- Un movemento relixioso chinés con orixe en Zhang Daoling no final da Dinastía Han que se estrutura en seitas como a Zhengyi ("Ortodoxa") e Quanzhen ("realidade completa").
- As manifestacións da tradición relixiosa chinesa, de carácter popular, que integran elementos da relixión Taoísta, do Confucianismo e do Budismo.