Tapa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha tapa[1] é esencialmente un aperitivo que se serve nun bar acompañando á bebida. Adoitan consistir en pequenas racións de olivas, patacas fritas, queixo, empanada, tortilla de patacas, zorza, gambas ou froitos secos. O costume ten a súa orixe en Sevilla ou en Castela-A Mancha segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha rebanda de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior, aínda que non está documentado.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tapa (homónimos).
En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente, obrigando normalmente a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.