Taragoña, Rianxo
parroquia civil do concello de Rianxo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Divino Salvador de Taragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda ó norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó oeste co concello de Boiro, ó leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ó sur coa ría de Arousa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.252 habitantes (1.174 mulleres e 1.078 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.673 habitantes.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Taragoña | |
---|---|
Campanario en Taragoña. | |
Concello | Rianxo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°40′25″N 8°49′42″O |
Poboación | 2.115 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 30[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O alcume que reciben as xentes de Taragoña é o de "Cangrexeiros". Este sobrenome é orixinario dunha peculiar historia dun veciño da parroquia chamado Felipe "O Delgado" que vivía no Burato, unha persoa de familia adiñeirada, que foi vendendo todo o seu capital e gastando os cartos ata que quedou sen un real, logo o home ía comer ás casas dos veciños e borralleiras. Asemade nos días de marea ía á ribeira á praia da Torre para mariscar e botar algo á boca, sendo naquela época moi abondosos os cangrexos na zona do río, e fixo unha empanada botándolle masa por riba dos crustáceos aínda vivos, escapando estes coa masa ó lombo cando lles chegou a quentura do lume
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
.