![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/Testudo_hermanni_hermanni_Mallorca_02.jpg/640px-Testudo_hermanni_hermanni_Mallorca_02.jpg&w=640&q=50)
Tartaruga mediterránea
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tartaruga mediterránea ou tartaruga de terra (Testudo hermanni) é unha das oito especies de tartaruga clasificadas tradicionalmente dentro do xénero Testudo, xunto con especies achegadas como a tartaruga marxinada (T. marginata), a tartaruga grega (T. graeca) ou a tartaruga de Horsfield (T. horsfieldii). Coñécense dúas subespecies: T. h. hermanni e T. h. boetthgeri. Son réptiles herbívoros e diúrnos que poden chegar a vivir idades comparables ás dos humanos, e que se estenden dende a costa levantina da Península Ibérica até a marxe sur do mar Negro. Xunto coa tartaruga marxinada (T. marginata) é a única tartaruga terrestre de distribución integramente europea. A destrución dos seus hábitats e a súa popularidade como animais de compaña reduciron significativamente as poboacións salvaxes e fixeron indispensable a protección para asegurar o futuro da especie a longo prazo.
Tartaruga mediterránea | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Testudo hermanni hermanni en Mallorca | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Testudo hermanni' Gmelin, 1789 | |||||||||||||||||
![]() Distribución | |||||||||||||||||
Sinonimia[2] | |||||||||||||||||
|