Tawakkul Karman
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tawakkul Abdel-Salam Karman (en árabe: توكل عبد السلام خالد كرمان Tawakkul 'Abd us-Salām Khalid Karmān; tamén transliterado como Tawakul,[1] Tawakel[2][3][4]), nada en Shara'b As Salam (Iemen) o 7 de febreiro de 1979,[4]) é unha xornalista, política e activita polos dereitos humanos iemení. Lidera o grupo "Mulleres xornalistas sen cadeas", que cofundou en 2005.[1] Converteuse na face pública internacional do levantamento do Iemen de 2011, que foi parte da primavera árabe. En 2011, foi chamada "muller de ferro" e "nai da revolución" por algúsn iemenís.[5][6] En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz,[7] sendo a primeira iemení, a primeira muller árabe,[8] e a segunda muller musulmá que o gañou, ademais da segunda Nobel da Paz máis nova ata o momento.[9]
Nome orixinal | (ar) توكل عبد السلام خالد كرمان |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1979 (45 anos) Ta'izz (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Iemen |
Relixión | Musulmán |
Educación | Universidade de Saná Universidade de Alberta Universidade de Massachusetts Lowell |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereitos humanos |
Ocupación | activista pola paz , política , xornalista , Activista polos dereitos humanos |
Membro de | |
Lingua | Árabe e Wikipedia en inglés |
Familia | |
Irmáns | Safa Karman (en) |
Premios
| |
Páxina web | tawakkolkarman.net |
Karman gañou protagonismo no seu país despois de 2005 pola súa participación como xornalista e defensora dun novo servizo telefónico de noticias ao que se lle denegou a licenza en 2007, tralo que liderou protestas pola liberdade de prensa. Organizou protestas semanais a partir de maio de 2007 aumentando os asuntos para reformar.[1][10] Redirixiu as protestas iemenís para apoiar a "revolución de xasmín", como chamaba a primavera árabe, logo de que o pobo tunisiano derrocase o goberno de Zine El Abidine Ben Ali en xaneiro de 2011. Foi unha das voceiras da oposición que reclamou o fin do réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.[11]
Un cable saudita de WikiLeaks revelou que mentres denunciaba publicamente a Arabia Saudita, estaba organizando reunións secretas cos sauditas para requirir o seu apoio. Karman prodigou eloxios aos sauditas por forzar un acordo de transición que moitos reformistas viron como unha profunda traizón á revolución. Ela acusou a Abd Rabbuh Mansur Hadi de apoiar os houthis e a Al Qaida.[12]