Teatro épico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O teatro épico, ou teatro da alienación, é unha forma de escrita teatral e estilo de escenificación, un intento de crear un teatro ideolóxico para chegar a ser instrumento de propaganda. É un tipo de teatro que plasma o "narrar escénico" con recursos específicos da narrativa presentándose unha historia dramática con efectos antiilusionistas. Apareceu a mediados do século XX e está ligado ao dramaturgo alemán Bertold Brecht mais tamén ás teorías e prácticas de Erwin Piscator, Vladimir Maiakovski ou Vsevolod Meyerhold aínda que Brecth unificou moitos conceptos que foran aparecendo desde había tempo, mesmo séculos, desenvolveu o estilo e popularizouno. O seu termo preferido era teatro dialéctico, para salientar así o elemento do enfrontamento e a discusión.