Tecido linfoide asociado ás mucosas
tecido linfoideque se encontra en diversos sitios do corpo humano / From Wikipedia, the free encyclopedia
O tecido linfoide asociado ás mucosas ou MALT (do inglés mucosa-associated lymphoid tissue) (tamén chamado tecido linfático asociado ás mucosas) é o formado polas pequenas concentracións de tecido linfoide que se encontran en diversos sitios do corpo humano, como o tracto gastrointestinal, tiroide, glándula mamaria, pulmóns, glándulas salivares, ollo, e pel. O MALT está poboado de linfocitos como células T e B, e de células plasmáticas e macrófagos, cada un dos cales está situado alí para encontrarse facilmente cos antíxenos que pasan polo epitelio mucoso. No caso do MALT intestinal, as células M están tamén presentes, as cales recollen o antíxeno do lume intestinal e entrégano ao tecido linfoide.