From Wikipedia, the free encyclopedia
A témpera é un arrefecemento brusco dunha peza. É utilizado na química de polímeros e na ciencia dos materiais para evitar procesos que se dan en temperaturas máis baixas, tales como transformacións de fase. Impedindo que o material permaneza moito tempo nas condicións de formación de estruturas non desexadas favorécese a formación das fases procuradas.
Tratamentos térmicos |
---|
Témpera |
Endurecemento |
Cementación |
En metalurxia, é mais frecuentemente usado no endurecemento de aceiro ao introducir martensita, sometendo ó aceiro a un arrefecemento brusco e obrigándoo a pasar polo seu punto eutectoide, a temperatura onde a austenita se encontra inestábel.
A témpera ten como obxectivo a obtención dunha microestrutura que proporcione propiedades de tenacidade elevadas.
A peza a ser temperada é aquecida a temperatura de austenitización e en seguida é sometida a un arrefriamento brusco, ocorrendo o aumento de dureza. Durante o arrefriamento, a queda de temperatura promove transformacións estruturais que provocan o xurdimento de tensións residuais internas. Sempre após a témpera, realízase un o revenimento para conseguir a transformación da martensita en martensita revenida.
Como se ve no gráfico, a peza ten que se manter cando menos 3 minutos a 600º para que comece a formación de perlita, arrefriando máis rápido seguindo a liña 1 obtense como microestrutura final só martensita. Témperas intermedias producen diferentes estruturas finais. As témperas 2 e 3 producen microestrutura bainitíca.
O quecemento provén de chama direccionada á peza, a través de mazarico ou outro instrumento, podendo así ser parcialmente temperada.
O quecemento é obtido por indución eléctrica, seguida dun arrefriamento brusco, normalmente en auga.
Quecemento soamente da superficie a través de indución ou chama até a austenitización, seguida dun arrefriamento rápido.
Quecemento total da peza até temperatura de austenitización seguida de arrefriamento, en medio predeterminado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.