Templo das Inscricións
From Wikipedia, the free encyclopedia
B'olon Yej Cheʼ Naah (Pronuncia en maia: [ɓolon jex cheʔ naːh]) “Casa das Nove Lanzas Afiadas” ou Templo I é a edificación máis alta e de máis importancia da antiga cidade de Lakam Ha, capital do reino de B'aakal pertencente á cultura maia durante o período clásico tardío, situada actualmente no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. Foi construído, baixo o reinado de K'inich Janaab' Pakal, "Escudo Ave-Hanab de Rostro Solar" tamén chamado Pakal ou Pakal o Grande (603 - 683) ajaw ou gobernante de Palenque, concibido unicamente para glorificar ó mandatario en vida e albergar o seu corpo cando morrese. Dentro de Palenque, o Templo das Inscricións está localizado nunha área coñecida como a Gran Praza nun cerro con pendente natural e sitúase nun ángulo recto co sueste do Palacio.