Teodoro Comneno Ducas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Teodoro Comneno Ducas (en grego: Θεόδωρος Κομνηνός Δούκας, Theódōros Komnēnós Dúkas); nado aprox. en 1180/1185 e finado aprox. en 1252, foi déspota de Epiro desde 1215 até 1230. A data exacta do seu nacemento é descoñecida, pero foi probabelmente entre 1180 e 1185. Foi o medio irmán do fundador do Despotado de Epiro, Miguel I Comneno Ducas, fillo de Xoán Ducas, o neto do emperador bizantino Aleixo I Comneno. Teodoro, que aspiraba a reconquistar Constantinopla, asumira os tres nomes imperiais de Anxo, Ducas e Comneno. Pouco despois de asumir o poder capturou nos montes albaneses ao novo emperador latino Pedro II de Courtenay, que viaxaba desde Dirraquio a Constantinopla para se instalar no seu trono.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1180 (Gregoriano) |
Morte | 1253 (72/73 anos) Tesalónica, Grecia |
Emperor of Thessalonica (en) | |
Déspota de Epiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Bizantino Imperio de Tesalónica Despotado de Epiro |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Familia | |
Familia | Dinastía Anxo |
Cónxuxe | Maria Petralifaina |
Fillos | John Komnenos Doukas (en) , Anna Angelina Komnene Doukaina (en) , Dimitrios Angelos Doukas (en) , Irene Comnena de Epiro (pt) |
Pais | João Ducas (pt) e Zoe Doukaina (en) |
Irmáns | Manuel Comneno Ducas, Constantino Comneno Ducas (pt) e Miguel I Comneno Ducas |
Parentes | Isaac Komnenos Doukas (en) (irmán consanguíneo) Alexios Komnenos Doukas (en) (irmán consanguíneo) Miguel I Comneno Ducas (irmán consanguíneo) |
En 1224 tomou posesión do reino latino de Tesalónica e alí foi coroado emperador. Mentres se preparaba para atacar a mesma Constantinopla, tivo coñecemento das negociacións entre Iván Asen II de Bulgaria e a familia imperial latina, e decidiu marchar contra os búlgaros, pero foi derrotado na batalla de Klokotnitsa en 1230. Sendo feito prisioneiro e logo cegado, viuse obrigado a abdicar en favor do seu irmán Manuel. Teodoro permaneceu prisioneiro do emperador búlgaro até 1237, cando Iván Asen II casou coa súa filla e logo concedeulle a liberdade. Regresou a Tesalónica xunto ao seu fillo Xoán a gobernar o reino, que nese momento estaba ameazado por Xoán III Ducas Vatatzés, emperador de Nicea. Terminou a súa vida nunha prisión nicena, onde en 1252 Xoán III o deportara.