Terencio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Publius Terentius Afer ou Terencio, foi un autor de comedias durante a república Romana. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero segundo Suetonio, morreu no 169 a.C. á idade de trinta e cinco anos. As súas comedias estreáronse entre 170 e 160 a. C. Escribiu seis obras, conservándose todas elas. O seu predecesor no xénero, Plauto, escribira arredor de 130 obras, das cales se conservan vinte e unha.
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | Publius Terentius Afer |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 190 a. C. ↔ 185 a. C. Cartago |
Morte | 159 a. C. (25/26 anos) Lago Estínfalo, Grecia (pt) |
Causa da morte | Afogamento |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, Drama e comedy (en) |
Lugar de traballo | Roma Antiga |
Ocupación | comediógrafo , escritor , poeta , dramaturgo |
Período de tempo | Middle Roman Republic (en) |
Xénero artístico | Comedia |
Lingua | Lingua latina e Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables | |
Pechar
Foi moi apreciado en Francia, sobre todo por Denis Diderot, que sinalou no seu teatro a presenza do drama burgués emocional e, en ocasións, case tráxico.[1]
Traducidas á lingua galega, publicáronse A sogra e Os irmáns, nun único volume, o número 12 da colección Clásicos en Galego, editado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.