Territorio Británico do Océano Índico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Territorio Británico do Océano Índico (BIOT - Das siglas en inglés, British Indian Ocean Territory) é un Territorio de Ultramar do Reino Unido situado no océano Índico a medio camiño. entre Tanzania e Indonesia, en 6°S, 71°30'L,
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «In tutela nostra Limuria» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Capital | Camp Thunder Cove (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.000 (2018) (50 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 60 km² | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .io | ||||
Prefixo telefónico | +246 | ||||
Código de país | IO | ||||
O territorio abarca os sete atois do arquipélago de Chagos (फेहंद्वीप Phehandweep en hindú e outros idiomas da India do Norte, Paeikaana Theevukal பேகான தீவுகள் en tamil, Feyhandheebu ފޭހަންދީބު en dhivehi) con máis de 1.000 illas individuais (moi pequenas) cunha superficie total de 60 quilómetros cadrados.[1]
A illa máis grande e máis meridional é Diego García (27 km²) ocupa unha posición estratéxica no centro do océano Índico, toda ela é unha instalación militar conxunta do Reino Unido e os Estados Unidos[2]. Tras o desaloxo da poboación nativa (chagosianos) na década de 1960, os únicos habitantes son o persoal militar dos Estados Unidos e Gran Bretaña e os contratista asociados, que en conxunto suman ao redor de 3.000 (cifras de 2018).[3]
A Expulsión dos chagosianos do arquipélago de Chagos produciuse entre 1968 e 1973. Os chagosianos, que entón eran sobre 2.000 persoas, foron expulsados polo goberno do Reino Unido a Mauricio e Seychelles para construír a base militar. Hoxe, os chagosianos exiliados aínda intentan regresar, dicindo que a expulsión forzada e a despoxo foron ilícitos, pero o goberno do Reino Unido negoulles en varias ocasións o dereito de retorno.[4][5] As illas están prohibidas para os chagosianos, os turistas ocasionais e os medios de comunicación.
Desde a década de 1980, o Goberno de Mauricio está na procura de recuperar o control sobre o arquipélago de Chagos, que foi separada da entón Colonia da Coroa de Mauricio polo Reino Unido en 1965 para formar o Territorio Británico do Océano Índico. En febreiro de 2019, opinión consultiva do Tribunal Internacional de Xustiza pediu que as illas fosen entregadas a Mauricio. Desde isto, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas e o Tribunal Internacional do Dereito do Mar tomaron decisións similares.