Taumarqueotas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os taumarqueotas ou Thaumarchaeota (en grego "arqueas marabillosas") son un novo filo recentemente proposto de Archaea, que comprende só catro especies: Nitrosopumilus maritimus, Cenarchaeum symbiosum, Nitrososphaera viennensis,[2] e Nitrososphaera gargensis (e hai varias especies máis propostas para ser incluídas no grupo).[3] Todos os organismos deste grupo descubertos ata agora son oxidadores de amoníaco quimiolitoautótrofos e crese que poden desempeñar un importante papel nos ciclos bioxeoquímicos como o ciclo do nitróxeno e o do carbono.
Taumarqueotas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Orde | |||||||
| |||||||
Sinonimia | |||||||
Nitrososphaerota Brochier-Armanet et al. 2021[1] |
O filum foi proposto en 2008 baseándose en datos filoxenéticos, como as secuencias dos xenes dos ARN ribosómicos destes organismos, e a presenza dunha forma de topoisomerase de tipo I que se pensaba que só existía en eucariotas.[3][4] Esta asignación foi confirmada por posteriores análises publicadas en 2010 que examinaron os xenomas das arqueas oxidadoras de amoníaco Nitrosopumilus maritimus e Nitrososphaera gargensis, que concluíron que estas especies formaban unha liñaxe distinta, que incluía tamén a Cenarchaeum symbiosum, que foi o primeiro membro dos que hoxe son Thaumarchaeota que foi descrito.[5]
O Cenarchaeum symbiosum (orde Cenarchaeales) atopouse vivindo en simbiose cunha esponxa mariña. Esta especie pensábase que estaba emparentada con especies de Crenarchaeota non termofílicas que habitan en diversos ambientes terrestres e mariños. Agora inclúese en Thaumarchaeota. Esta especie crece ben a 10 °C.[6]
En 2005, publicáronse as evidencias do cultivo de Nitrosopumilus maritimus, que é un organismo que oxida o amoníaco illado dun tanque dun acuario mariño, que crece a 28 °C.[7][8] Pensouse inicialmente que era un Crenarchaeota "de baixa temperatura".