revista de entretemento estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
The Hollywood Reporter é unha revista de entretemento estadounidense. O seu enfoque é principalmente cara ó panorama cinematográfico estadounidense. Foi o primeiro xornal en publicar contidos exclusivamente sobre a industria cinematográfica. Durante o século pasado integrouse e foi unha das dúas publicacións máis importantes do século, xunto con Variety. Dende o ano 1950 enfocouse no eido da televisión, e nos anos 1980 enfocouse en temas doutros medios. No presente, esta revista é unha das máis importantes e influentes na industria do entretemento.
The Hollywood Reporter | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Lugar | Os Ánxeles |
Lingua | lingua inglesa |
Fundación | 1930 |
Editorial | Penske Media Corporation |
Circulación | |
ISSN | 0018-3660 |
Na rede | |
https://www.hollywoodreporter.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro número da revista publicouse o 3 de setembro de 1930, por William R. Wilkerson. Os primeiros temas informados foron sobre filmes, estudos, producións de televisión e actores de Hollywood. A revista rapidamente fíxose coñecida no mundo do espectáculo. Por efecto da fama da revista, Wilkerson, creador da revista, fíxose un dos personaxes máis salientables do país.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.