![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/The_Legend_of_Zelda_logo.svg/langgl-640px-The_Legend_of_Zelda_logo.svg.png&w=640&q=50)
The Legend of Zelda (videoxogo)
videoxogo de Nintendo / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Legend of Zelda (The Hyrule Fantasy ゼルダの伝説, Zeruda no Densetsu) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto e editado por Nintendo. Ambientado na fantástica terra de Hyrule, é un clásico exemplo do xénero acción-aventura, centrado ao redor dun heroe novo (Link) e a súa misión de rescatar a Princesa Zelda do malvado Ganon, reunindo os oito fragmentos dun poderoso artefacto coñecido como a Triforza. Como xogo inaugural da serie The Legend of Zelda, foi editado por primeira vez no Xapón como un título inicial para o periférico Disk System da videoconsola Famicom. Co seu inmenso mundo, o seu modo de xogo con final aberto, as súas capacidades de desprazamento de pantalla e o seu sistema de gardado, The Legend of Zelda incluía avances rompedores canto a tecnoloxía e a modo de xogo. Como o Famicom Disk System non se editou fóra do Xapón, a nivel internacional o xogo foi editado no formato de cartucho da Nintendo Entertainment System en 1987, cunha batería interna para permitir o gardado de datos, e gozando de aínda máis éxito de crítica e vendas. Sendo unha das franquías emblema de Nintendo, Zelda é un dos nomes con maior recoñecemento da historia dos videoxogos.
The Legend of Zelda (videoxogo) | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Nintendo Entertainment Analysis and Development e Nintendo |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Deseñador(es) | Shigeru Miyamoto, Kōji Kondō e Takashi Tezuka |
Compositor(es) | Kōji Kondō |
Lanzamento | 21 de febreiro de 1986 |
Xénero | videoxogo de acción e aventura |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI 6 e PEGI 3 CERO ![]() USK 6, |
Plataforma(s) | Game Boy Advance, Nintendo Entertainment System, Family Computer Disk System, Super Nintendo Entertainment System, Wii, Virtual Console, Nintendo Switch e GameCube |
Na rede | |
https://www.zelda.com/universe/game/zelda/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![]() |
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |