The Star-Spangled Banner
himno nacional dos Estados Unidos de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Star-Spangled Banner (do inglés: A bandeira das estrelas escintilantes) é o himno nacional dos Estados Unidos de América dende 1931. A letra é de 1814 e corresponde a Francis Scott Key. Inspirada polo bombardeo da baía de Chesapeake durante a Guerra de 1812 entre ingleses e estadounidenses. A música corresponde a unha canción inglesa chamada To Anacreon in Heaven.
Nos actos oficiais e nas competicións deportivas adóitase cantar soamente a primeira estrofa do himno.