From Wikipedia, the free encyclopedia
A tinguidura de Ziehl-Neelsen (BAAR) é unha técnica de tinguidura diferencial rápida e económica, para a identificación de microorganismos patóxenos, por exemplo M. tuberculosis.
Foi descrita por vez primeira por dous médicos alemáns, Franz Ziehl (1859-1926), un bacteriólogo, e Friedrich Neelsen (1854-1894), un patólogo.
Se fundamenta en que as paredes de certos parasitos e bacterias conteñen ácidos graxos de cadea longa (50 a 90 átomos de carbono) que lles confiren a propiedade de resistiren a descoloración con alcohol-ácido, despois da tinguidura con colorantes básicos. Por isto se denominan bacilos ácido-alcohol resistentes ou BAAR. As micobacterias e os parasitos coccídeos caracterízanse polas súas propiedades de ácido-alcohol resistencia. A coloración clásica de Ziehl-Neelsen require quentamento para que o colorante atravese a parede bacteriana que contén ceras.
Esta técnica pode realizarse tanto en mostras histolóxicas como citolóxicas.
Para demostrar a presenza de BAAR en cortes de tecido en parafina. Os reactivos necesarios para a súa realización son os seguintes:
O procedemento é o seguinte:
BAAR: vermello. Núcleos: azul.
Emprega a calor como mordente para formar o complexo colorante-parede. A súa principal desvantaxe consiste en que se pode levar a cabo unha decoloración en quente (tempo prolongado), que consiste en aplicar o descolorante ácido-alcohol e logo quentar a mostra, a capa lipídica ablándase e o descolorante pode atravesar a parede celular retirando o descolorante primario revertendo o proceso de formación do complexo colorante-parede. Por isto se di que a coloración en quente non brinda resultados diferenciais. Aquí, o paso máis importante é a aplicación da solución de carbol fucsina, que durante 5 minutos ha de se quentar cun chisqueiro ata que se produza unha emisión de vapores esbrancuxados. Non se debe deixar que ferva nin que seque o colorante sobre o portaobxectos.
Utiliza un reactivo especial que ademais de fuscina agrega unha alta concentración de fenol. O fenol disolve os lípidos das paredes celulares permitindo que o colorante primario entre en contacto cos ácidos carboxílicos e forme o complexo ácido-alcohol resistente. Esta técnica permite obter resultados diferenciais xa que non é posible a descoloración en quente. O cambio máis significativo é a aplicación de carbol fucsina durante 20 minutos sen a calor como mordente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.