Titán (mitoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os titáns, masculino, e titánides ou titanias, feminino, foron deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Xea e Urano. Uníronse entre si para procrear a segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos, aínda que dous titáns uníronse a femias doutras estirpes (Xapeto con Clímene, unha oceánide, e Crío con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus.
Reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crío, Xapeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tía, as mulleres.[1]
Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, que se fixera co poder no ceo tras castrar a Urano, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).