Torre de Belén
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Torre de Belén (en portugués "Torre de Belém") é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén. Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.
Datos rápidos Torre de Belén (clasificación conxunta co Mosteiro dos Xerónimos), Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Torre de Belén (clasificación conxunta co Mosteiro dos Xerónimos) | |
---|---|
Torre de Belém | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, VI |
Inscrición | 1983 (7ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 263 |
Pechar
Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.