World Trade Center (1973–2001)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O World Trade Center (en galego: Centro Mundial de Comercio) foi un complexo de varios edificios no Lower Manhattan, na cidade de Nova York, Estados Unidos, sendo os dous máis altos as emblemáticas Torres Xemelgas (en inglés: Twin Towers). Foron deseñadas polo arquitecto estadounidense de orixe xaponesa Minoru Yamasaki e por Leslie Robertson.
Torres Xemelgas | |
---|---|
O World Trade Center orixinal na cidade de Nova York en marzo de 2001. O edificio de cor vermella (ao fondo á esquerda das Torres Xemelgas) é o World Trade Center 7 orixinal. | |
Coordenadas | 40°42′41″N 74°00′45″O |
Construción | |
Inicio | 5 de agosto de 1966 (alicerces) |
Remate | 1973 (Torres Xemelgas) |
Destruído | 11 de setembro de 2001 |
Dimensións | |
Altura | WTC 1: 417 metros WTC 2: 415,1 metros WTC 7: 186 m WTC 3: 76,2 m WTC 4 e 5: 36,6 m WTC 6: 33,5 m |
Outras dimensións | Anchura das Torres Xemelgas: 63 m |
Pisos | 110 (Torres Xemelgas) 47 (WTC 7) 22 (WTC 3) 9 (WTC 4 e 5) 8 (WTC 6) |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Minoru Yamasaki Leslie Robertson |
[ editar datos en Wikidata ] |
O World Trade Center orixinal era un complexo de sete edificios que, ademais de incluír as Torres Xemelgas, tamén incluía outros 5 edificios de menor altura; entre eles estaban o World Trade Center 7 (un rañaceos de 47 andares) e o WTC 3 (un hotel de 22 andares). As Torres Xemelgas foron inauguradas o 4 de abril de 1973 e destruídas nos atentados do 11 de setembro de 2001, xunto co WTC 7. Os outros edificios do complexo foron moi danados nos ataques e posteriormente demolidos.
O sitio foi reconstruído con cinco novos rañaceos e un monumento ás vítimas dos ataques. O One World Trade Center é o edificio principal do novo complexo, chegando a ter máis de 100 pisos á hora da súa finalización. Unha sexta torre atópase á espera de ser confirmada.