Tour de Flandres
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tour de Flandres (De Ronde van Vlaanderen) é unha clásica ciclista disputada en Bélxica durante a primavera, o primeiro domingo de abril. A súa primeira edición tivo lugar no ano 1913 e só se viu interrompida dende 1915 ata 1918 debido a primeira guerra mundial.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | carreira dun día |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Flanders Classics |
Parte de | Clásicas de Flandres e Monumentos do ciclismo |
Localización e Datas | |
País | Bélxica |
Vixencia | 1913 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | rvv.be… |
Pechar
O seu percorrido é un dos mais espectaculares que existen no ciclismo en ruta, cun gran número de curtas e duras subidas (os denominados muros), sendo algúns destes tramos enlastrados, como o famoso Koppenberg.
Dende 1989 estivo incluída no calendario da extinta Copa do Mundo de ciclismo. Na actualidade forma parte do UCI ProTour. É unha das cinco clásicas que se catalogan como Monumentos do ciclismo.
No ano 2004 comezou a disputarse a modalidade feminina da mesma.