Toutón, Mondariz - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Toutón, Mondariz.

Toutón, Mondariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toutón
Igrexa parroquial
ConcelloMondariz[1]
ProvinciaPontevedra
Poboación304 hab. (2013)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mateo de Toutón é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o INE en 2013 tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos ca en 1999-, distribuídos en 5 entidades de poboación.

Patrimonio

Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).
Detalle do cruceiro de fóra do adro de Toutón (Virxe das Angustias co Cristo morto no colo).

A igrexa de San Mateo de Toutón data de 1711 (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e tellado a dúas augas, a fábrica é de cantaría de granito con contrafortes nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de ciborio rústico tipo torre, ameado e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é alintelada e flanqueada por dúas pilastras caixadas con chapiteis xónicos que aturan un friso con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de San Ramón cunha cartela con inscrición. Enriba un ocelo. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: San Mateo. A sancristía áchase no muro sur[2].

É de salientar o cruceiro do adro considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres chanzos cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez ca igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o chapitel corintio con volutas nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a Virxe das Angustias co fillo morto no colo[3].

Festas

Toutón celebra unha festividade na honra de Santa Marta o 29 de xullo e o 24 de xuño na honra de San Xoán do Xisto.

Desta parroquia é o grupo Pandeireteiras de Toutón.

Galería de imaxes

  • Igrexa parroquial de San Mateo.
    Igrexa parroquial de San Mateo.
  • Cruceiro de fóra do adro de Toutón.
    Cruceiro de fóra do adro de Toutón.
  • Escultura ao cazador.
    Escultura ao cazador.
  • Palco da música construído en 1934 e reformado en 1978.
    Palco da música construído en 1934 e reformado en 1978.

Lugares e parroquias

Lugares de Toutón

Lugares da parroquia de Toutón no concello de Mondariz (Pontevedra)

Aboal | Casco | Festín | Lordelo | Portacurbo

Parroquias de Mondariz

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz

Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Toutón, Mondariz
Listen to this article