Tradición
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tradición[1] é cada un daquelas pautas de convivencia que unha comunidade[2] considera dignas de constituírse como unha parte integral dos seus usos e costumes. A tradición adoita versar xenericamente sobre o conoñecemento e tamén sobre principios ou fundamentos socioculturais selectos, que por consideralos especialmente valiosos ou acertados preténdese que se estendan ao común, así unhas xeracións os transmitirán ás seguintes a fin de que se conserven, se consoliden, se adecúen a novas circunstancias. Tamén se chama tradición aos patróns que poden formar idiosincrasias, como as tradicións: exipcia, grega, romana etc. O cambio social altera o conxunto de elementos que forman parte da tradición.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Tamén se emprega a locución tradición popular para aludir aos valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística característicos dunha comunidade, en especial a aqueles que se transmiten por vía oral. O tradicional coincide así, en gran medida, coa cultura e o folclore ou a sabedoría popular, como nos refraneiros.
Da tradición, segundo isto é filla a historia, e a escrita que primeiro foi vocal, e sono todas, pois tradición é narración, opinión e doutrina derivada vocalmente, sen ter escrito, co uso de pais a fillos, e dos que viron as cuosas, aos que non as viron. |