Transcriptase inversa
encima utilizado na transcrición inversa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A transcriptase inversa,[2][3] reversotranscriptase ou retrotranscriptase (RT) é un encima utilizado para xerar unha copia de ADN complementario (ADNc) a partir dun molde de ARN, proceso chamado transcrición[4] inversa, reversotranscrición ou retrotranscrición. A transcrición inversa (ARN→ADN) é o proceso inverso da transcrición (ADN→ARN). A transcriptase inversa é necesaria para a replicación dos retrovirus (por exemplo o VIH), e os inhibidores da transcriptase inversa son drogas antirretrovirais moi utilizadas no tratamento do VIH/SIDA. Nos eucariotas existen tamén encimas con actividade de transcriptase inversa que interveñen na replicación dos extremos dos cromosomas (telomerase) e dalgúns elementos xenéticos móbiles (retrotransposóns). Tamén se encontrou actividade de transcriptase inversa nas bacterias nos chamados Retron msr RNAs.
Transcriptase inversa (ADN polimerase ARN dependente) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Símbolo | RVT_1 | ||||||||
Pfam | PF00078 | ||||||||
Pfam clan | CL0027 | ||||||||
InterPro | IPR000477 | ||||||||
PROSITE | PS50878 | ||||||||
SCOPe | 1hmv / SUPFAM | ||||||||
CDD | cd00304 | ||||||||
|
ADN polimerase ARN dirixida | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 2.7.7.49 | ||||||||
Número CAS | 9068-38-6 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
A transcriptase inversa retroviral presenta tres actividades bioquímicas secuenciais:
- ADN polimerase ARN dependente. A patir dun molde de ARN fai unha copia complementaria de ADN.
- Ribonuclease H. Degrada ARN.
- ADN polimerase ADN dependente. A partir dun molde de ADN fai unha copia complementaria tamén de ADN.
Estas tres actividades úsanas os retrovirus para converter o seu ARN monocatenario xenómico en ADN bicatenario, que se pode integrar no xenoma do hóspede, xerando potencialmente unha infección de longa duración difícil de erradicar. A mesma secuencia de reaccións é moi usada no laboratorio para converter ARN en ADN para usalo na clonación molecular, secuenciación do ARN, reacción en cadea da polimerase (PCR), ou análise xenómica.
Transcriptases inversas que foron ben estudadas son:
- Transcriptase inversa do VIH-1 (virus da inmunodeficiencia humana 1) (PDB - 1HMV).
- Transcriptase inversa do M-MLV (virus da leucemia murina|virus da leucemia murina Moloney.
- Transcriptase inversa do AMV (virus da mieloblastose animal).
- Transcriptase inversa da telomerase (mantén os telómeros dos cromosomas eucarióticos).