Transformador Tesla
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Transformador Tesla é un tipo de transformador de descarga dirsuptiva, que recibe este nome polo seu inventor, Nikola Tesla. Os transformadores Tesla están compostos de circuítos eléctricos resonantes emparellados. Nikola Tesla experimentou cunha ampla variedade de bobinas e configuracións, de xeito que é complicado describir unha forma específica de construción que satisfaga os desexos daqueles que queiran sabelo todo dos transformadores "Tesla". Os diversos transformadores que foron resultando das súas investigacións difiren tanto na configuración como na construción. Os transformadores Tesla en xeral son moi populares entre os entusiastas das voltaxes altas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |