Tratado de Kiel
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tratado de Kiel significou a morte da Unión de Kalmar, xa que tras as Guerras Napoleónicas, Dinamarca -aliada de Francia- foi obrigada a asinar o 14 de xaneiro de 1814 este acordo polo que cedía Noruega a Suecia. En virtude deste tratado, o reino danés, perdedor nas Guerras Napoleónicas, cedía Noruega ao reino de Suecia a cambio dos territorio suecos d'a Pomerania. Os noruegueses rexeitaron o tratado, declaráronse independentes, fixeron unha constitución baseada na española de 1812- nomeada tamén a Pepa- e escolleron o herdeiro danés coma rei, ao príncipe Christian VIII de Dinamarca. As potencias europeas non aprobaron a decisión norueguesa e obrigárona a aceptar o tratado rubricado na cidade alemá de Kiel, na Convención de Moss. Nomeado rei a Carlos XIV, a cambio deixáronlles manter a súa constitución liberal. Pode considerarse a acta de Unión de 1815 o nacemento do novo estado noruegués.
O tratado de Kiel non incluía as antigas posesións norueguesas de Groenlandia, Islandia e as Illas Feroe, que permaneceron baixo control danés.