From Wikipedia, the free encyclopedia
O tritón marmorado[1] ou tritón verde[1] (Triturus marmoratus) é unha especie de anfibio caudado pertencente á familia dos salamándridos.
Tritón marmorado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Triturus marmoratus (Latreille, 1800) | |||||||||||||||
O tritón marmorado ten cor castaña escura ou negra e presenta manchas verdes de forma irregular. Os machos adultos teñen unha raia branca ou beixe no rabo e presentan unha crista dorsal durante a época de reprodución. Esta raia é relativamente pequena comparada coas dos seus parentes, os tritóns cristados, e lixeiramente maior ca o da súa especie irmá, o tritón pigmeo. As femias e os exemplares xuvenís non presentan crista dorsal, mais si unha raia vermella ou alaranxada. O ventre pode ir desde o beixe até o negro, podendo presentar un número variábel de manchas brancas ou negras.
O tritón marmorado ten o seu hábitat no suroeste de Francia e no centro de España e Portugal. Aínda que sexan bastante comúns nestas áreas, non se encontran facilmente pois normalmente permanecen en lugares escondidos, como debaixo de troncos caídos, rochas, ou outros lugares húmidos. Durante a época de reprodución, que vai de xaneiro até maio, poden encontrarse en charcos, gabias, estanques, pozos e outros lugares con auga estancada.
En Francia, vive en simpatría co tritón cristado (Triturus cristatus).[2] Ao sur, está en parapatría co tritón pigmeo (Triturus pygmaeus).[3] O límite de distribución destas dúas especies acompaña aproximadamente o Sistema Central en España, co tritón marmorado ocupando as vertentes norte e o pigmeo a ocupar as planicies ao sur. En Portugal, o límite acompaña o río Texo até a zona de Abrantes.[4]
A reprodución nesta especie non comporta copulación, non obstante a fertilización é interna. O modo de reprodución é compartido cos outros membros do xénero Triturus. Nos lugares de reprodución, o macho realiza unha 'danza' ritual consistente en sucesivos golpes laterais co rabo en fronte da femia, que permanece relativamente apática durante todo o proceso. Despois, o macho deposita un espermatóforo que a femia recollerá (aínda que non sempre) coas patas, e encamiñará á cloaca.
Trala fecundación, fórmanse os ovos, que serán depositados individualmente en follas de vexetación acuática. A femia dobra a folla onde depositou o ovo para escondelo dos predadores.
Algúns días despois de seren depositados, o 50% dos ovos morren debido á chamada síndrome do cromosoma-1. Esta síndrome resulta da necesidade, nos tritóns do xénero Triturus, de que os dous cromosomas 1 teñan tamaños diferentes, aínda que a razón exacta non sexa polo momento coñecida.[5]
Algúns estudos revelaron que os tritóns marmorados usan as estrelas para se orientaren camiño dos lugares de reprodución.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.