![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Escaping_criticism-by_pere_borrel_del_caso.png/640px-Escaping_criticism-by_pere_borrel_del_caso.png&w=640&q=50)
Trompe-l'œil
From Wikipedia, the free encyclopedia
O trompe-l'œil (expresión francesa que significa «enganar ao ollo») ou enganaollos[1] é unha técnica pictórica que intenta enganar á vista xogando coa perspectiva e outros efectos ópticos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Escaping_criticism-by_pere_borrel_del_caso.png/640px-Escaping_criticism-by_pere_borrel_del_caso.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/96/Wallpainting-solingen-germany.jpg/320px-Wallpainting-solingen-germany.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Fresco_with_Trompe_l%27oeuil_-_Andrea_Pozzo_-Jesuit_Church_Vienna.jpg/640px-Fresco_with_Trompe_l%27oeuil_-_Andrea_Pozzo_-Jesuit_Church_Vienna.jpg)
Os trompe-l'œil adoitan ser pinturas murais realistas creadas deliberadamente para ofrecer unha perspectiva falsa. Poden ser interiores (representando mobles, fiestras, portas ou escenas máis complexas) ou exteriores, en muros de inmobles.
Tamén poden atoparse pintados en mesas (aparentando naipes dispostos para unha partida, por exemplo) ou outros mobles.
Malia ser máis propios da pintura tamén existen famosos «enganos» en arquitectura, algúns dos máis coñecidos son a Scala Regia no vaticano de Gianluca Bernini ou a Galería Spada do Palazzo Spada de Borromini, nestes casos trátase de contrarrestar certas impresións ou modificar a percepción do espazo mediante efectos arquitectónicos, como variar a altura das columnas para conseguir, no caso da escaleira, que esta pareza moito máis profunda.