Tubo de raios catódicos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un tubo de raios catódicos (TRC, coñecido tamén polas súas siglas en inglés CRT de cathode ray tube) é un sistema de presentación de imaxes que consiste nunha válvula termoiónica que contén un canón de electróns e unha pantalla fluorescente e os dispositivos internos ou externos, precisos para acelerar e desviar o raio de electróns e que se usa para crear imaxes de luz emitidas ao impactaren os electróns en puntos determinados da pantalla fluorescente. Emprégase en televisores, monitores, osciloscopios ou radares. Inventouno Ferdinand Braun en 1897, desde a primeira década do século XXI estase a substituír por pantallas de plasma e LCD.