For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Turboventilador.

Turboventilador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esquema dun turboventilador
Esquema dun turboventilador

O turboventilador ou fanjet é un tipo de motor de chorro de aire que é amplamente utilizado na propulsión de avións. A palabra "turboventilador" está composta por "turbina" e "fan": a primeira se refire a un motor de turbina de gas que consegue enerxía mecánica por combustión,[1] e a segunda a un ventilador de fluxo guiado que usa a enerxía mecánica da turbina de gas para acelerar o aire cara atrás. Así, mentres todo o aire tomado por un turborreactor pasa a través da turbina (a través da cámara de combustión), nun turboventilador parte dese aire supera a turbina. Un turboventilador polo tanto pode considerarse como un turborreactor que se utiliza para dirixir un ventilador de fluxo guiado, con ámbolos dous contribuíndo ao empuxe. A relación da masa do fluxo de aire que supera o núcleo do motor en comparación co que pasa a través del é coñecida como relación de derivación. O motor produce empuxe a través dunha combinación desas dúas partes traballando conxuntamente; os motores que usan máis empuxe do reactor en relación co do ventilador son coñecidos como turboventilador de baixo índice de derivación, e no caso contrario, aqueles que teñen máis empuxe do ventilador que do reactor son coñecidos como turboventiladors de alto índice de derivación. A meirande parte dos motores a reacción na aviación comercial hoxe en día son dun alto índice de derivación,[2][3] e os motores dos avións militares máis modernos teñen un baixo índice de derivación.[4][5] Os dispositivos de postcombustión non son usados en motores de alto índice de derivación pero si se usan nos de baixo índice ou nos turborreactores.

A meirande parte do fluxo de aire que pasa a través dun turboventilador de alto índice de derivación é un fluxo de derivación de baixa velocidade: incluso cando se combina coa velocidade moito máis alta da saída do motor, a velocidade media de escape é considerablemente menor que nun turburreactor puro. O ruído dun motor turborreeactor é principalmente ruído do aire a alta velocidade no escape do reactor, polo que os motores turboventilador son significativamente máis silenciosos que un reactor puro da mesma potencia xa que o ruído do reactor non é o predominante. Outras fontes de ruído son o ventilador, o compresor e a turbina.

Notas

  1. howstuffworks.com (ed.). "How Gas Turbine Engines Work". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. NASA (ed.). "Turbofan engine". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2019. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  3. Michael Hacker, David Burghardt, Linnea Fletcher, Anthony Gordon, William Peruzzi (2009). Cengage Learning, ed. Engineering and Technology. p. 319. ISBN 978-1-285-95643-5. 
  4. Bharat Verma (2013). Lancer Publishers, ed. Indian Defence Review: Apr-Jun 2012. p. 18. ISBN 978-81-7062-259-8. 
  5. Frank Northen Magill (1993). Salem Press, ed. Magill's Survey of Science: Applied science series, Volume 3. p. 1431. ISBN 9780893567088. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Turboventilador
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.