Tutú
saia que levan as bailarinas de danza clásica / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un tutú é unha saia feita con diversas capas de tul ou dun tecido similar, que levan habitualmente as bailarinas de danza clásica.[1] Pode ser moi sinxelo, dunha soa cor, e que se pon por riba do maillot abrochado cunha cinta, un botón ou unha cremalleira, aínda que os hai de moitas cores, con engadidos e brocados. Os dos espectáculos, e algúns de simples, van directamente cosidos ao vestido, como se fose unha soa peza, e neste caso pódese considerar que todo o vestido é un tutú, a pesar de que estritamente só o é a saia. Acostuma a levar mitóns ou manguiñas a xogo, especialmente se o maillot, ou eventualmente o corsé, é sen mangas, e ás veces a indumentaria acaba cunha ligadura na cabeza.