From Wikipedia, the free encyclopedia
Upper Atmosphere Research Satellite, máis coñecido polo seu acrónimo UARS, foi un satélite artificial da NASA lanzado no transbordador espacial Discovery na misión STS-48 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 12 de setembro de 1991.[2][3][5][6]
Upper Atmosphere Research Satellite / UARS | |
---|---|
UARS | |
Tipo | Observación da atmosfera superior |
Fabricante | GE Astro Space, Fairchild |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de setembro de 1991, 23:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial Discovery[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral[3][6] |
Obxectivo da misión | Observación da atmosfera superior terrestre.[3][6] |
Decaemento | 24 de setembro de 2011[1] |
NSSDC ID | 1991-063B |
Masa | 6540,0 kg[3] |
Potencia | 1600,0 W[3] |
A misión de UARS foi estudar a parte superior da atmosfera terrestre, entre 15 e 100 km de altura, incluíndo os procesos químicos e físicos que ocorren nese intervalo. Os instrumentos medían a estrutura interna da atmosfera e os efectos das influencias externas sobre ela, como a radiación solar, as condicións da troposfera e os campos eléctricos. Entre os obxectivos concretos de UARS estaban medir o balance de enerxía da atmosfera superior, a súa fotoquímica e dinámica e o acoplamento entre os seus diversos procesos.[3][5][6]
O satélite estabilizábase nos tres eixos mediante volantes de inercia e a súa enerxía era proporcionada por un panel solar de 1,5 x 3,3 m que xeraba ata 1,6 kW de potencia que á súa vez alimentaba tres baterías de 50 Amperio-hora de capacidade cada unha. O sistema de propulsión funcionaba con hidracina e as comunicacións tiñan lugar en banda S mediante varias antenas de baixa ganancia e unha antena direccional de alta ganancia. UARS reentrou na atmosfera terrestre o 24 de setembro de 2011.[3][5][6]
UARS levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.