From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sistema Universal de Telecomunicacións Móbiles (Universal Mobile Telecommunications System - UMTS) é unha das tecnoloxías usadas polos teléfonos móbiles de terceira xeración (3G). Sucesora de GSM, tamén coñecida coma W-CDMA.
A pesar de que inicialmente estaba pensada para o seu uso en teléfonos móbiles, a rede UMTS non está limitada a estes dispositivos, podendo ser utilizada por outros. As súas tres principais características son as funcións multimedia, unha velocidade de acceso a Internet elevada (grazas á cal pode transmitir son e vídeo a tempo real) e unha transmisión de voz con calidade equiparábel á das redes fixas. Ademais dispón dunha variedade de servizos moi extensa.
No 1985, xorde en Europa a primeira xeración (1G) tras adapta-lo sistema AMPS (American Mobile Phone System) aos requisitos europeos, e ser bautizado coma TACS (Total Access Communications System). TACS engloba a todas aquelas tecnoloxías de comunicacións móbiles analóxicas. Pode transmitir voz pero non datos. Actualmente esta tecnoloxía está obsoleta e agárdase que desapareza nun futuro próximo.
Por mor da sinxeleza e as limitacións da primeira xeración, xorde o sistema GSM (Global System for Mobile Communications) o cal marcara o inicio da segunda xeración (2G). A súa principal característica é a capacidade de transmitir datos ademais de voz, a unha velocidade de 9,6 kb/s. O cal permitiulle sacar á luz o famoso e xeitoso sistema de mensaxes curtos (SMS). No 2001 aparece a chamada segunda xeración e media (2.5G) nos Estados Unidos e Europa como paso previo a 3G. Nesta xeración están incluídas aquelas tecnoloxías que permiten unha meirande capacidade de transmisión de datos e que xurdiron como paso previo as tecnoloxías 3G. A tecnoloxía máis notoria desta xeración é o GPRS (General Packet Radio System), capaz de coexistir con GSM, máis ofrecendo un servizo portador máis eficiente para o acceso a redes IP coma Internet. A velocidade máxima do GPRS é de 171,2 kb/s máis na práctica non acostuma a pasar dos 40 kb/s de baixada e dos 9,6 kb/s de subida. No Xapón esta xeración non existiu xa que se deu o salto directo de 2G a 3G.
Máis tarde naceron xa as tecnoloxías 3G. As tecnoloxías da terceira xeración (3G) atópanse dentro do IMT-2000 (International Mobile Telecommunications-2000) da ITU (Internacional Telecommunication Union), que marca o estándar para que tódalas redes 3G sexan compatíbeis unhas con outras.
Os servizos que ofrecen as tecnoloxías 3G son basicamente: acceso a Internet, servizos de banda larga, roaming internacional e interoperatividade. Máis fundamentalmente, estes sistemas permiten o desenvolvemento de contornos multimedia para a transmisión de vídeo e imaxes en tempo real, fomentando a aparición de novas aplicacións e servizos tales coma videoconferencia ou o comercio electrónico; cunha velocidade máxima de 2 Mb/s en condicións óptimas, como por exemplo no interior dos edificios.
UMTS permite introducir moitos mais usuarios á rede global do sistema, e ademais permite incrementar a velocidade a 2 Mbps por usuario móbil. Está sendo desenvolvido por 3GPP (3rd Generation Partnership Project), un proxecto común no que colaboran: ETSI (Europa), ARIB/TTC (Xapón), ANSI T-1 (USA), TTA (Corea) e CWTS (China). Para acadar a aceptación global, 3GPP vai introducindo UMTS por fases e versións anuais. A primeira foi no 1999, e describía transicións dende redes GSM. No 2000, describíronse transicións dende IS-95 e TDMA. A unión internacional de telecomunicacións (ITU) é a encargada de establece-lo estándar para que tódalas redes 3G sexan compatíbeis.
UMTS ofrece os seguintes servizos:
A estrutura das redes UMTS esta composta por dúas grandes subredes: a rede de telecomunicacións e a rede de xestión. A primeira é a responsábel de sustentar a transmisión da información entre os extremos dunha conexión. A segunda ten como misións a provisión de medios para a facturación e a tarificación dos aboados, do rexistro e definición dos perfís de servizo, a xestión e seguridade no manexo dos seus datos, así como a operación dos elementos da rede, co fin de asegurar o correcto funcionamento desta, a detección e resolución de avarías ou anomalías, ou tamén a recuperación do funcionamento tras períodos de apagado ou desconexión dalgúns dos seus elementos. Dentro deste apartado imos a analizar só a primeira das dúas subredes, isto é, a de telecomunicacións. UMTS emprega unha comunicación terrestre baseada nunha interface de radio W-CDMA, coñecida como UMTS Terrestral Radio Access (UTRA). Soporta división de tempo dúplex (TDD) e división de frecuencia dúplex (FDD). Ambos modelos ofrecen proporcións de información de ata 2 Mbps.
Unha rede UMTS componse dos seguintes elementos:
Tamén formarían parte desta estrutura as redes de transmisión empregadas para enlazar os diferentes elementos que a integran, como os protocolos UU e IU.
Un exemplo dunha conexión á rede UMTS dende un terminal sería o seguinte: partimos do noso dispositivo 3G tanto sexa un teléfono móbil ou unha tarxeta para ordenadores compatíbel con esta rede, nosos datos chegan ao Nodo B o cal encárgase de recoller os sinais emitidos polos terminais e pasan o RNC para ser procesadas. Estes dous compoñentes é o que chamamos UTRAN, dende o UTRAN pasa ao Núcleo da rede que está dividido en conmutadores que distribúen os datos polos diferentes sistemas, segundo vaian a un ou a outro seguirán un camiño pasando polo MSC (Mobile services Switching Centre), ou polo SGSN (Serving GPRS Support Node) e posteriormente polo GGSN (Gateway GPRS Support Node).
Trala implantación do sistema UMTS, o concepto de teléfono móbil cambiou radicalmente, pasando de ser un simple instrumento de comunicación para converterse nun terminal multimedia con múltiples capacidades para a comunicación e mailo lecer, grazas á gran cantidade de servizos ofertados e que crecen día a día, como a capacidade de conectarse a Internet, transferencia e reprodución de son e vídeo, videoconferencia e demais.
Ademais, nas zonas nas que a telefonía fixa non chega ou faino deficientemente, coma zonas do arrabalde das cidades, pobos afastados de grandes núcleos ou países en vías de desenvolvemento; a tecnoloxía UMTS fai posíbel levar servizos de telecomunicacións avanzados a tódalas persoas que se atopen nesas zonas de pouca cobertura a nivel de telecomunicacións. Por pór un exemplo, a tecnoloxía UMTS permite administrar un negocio dende un lugar sen telefonía fixa xa que o propietario pode manter un contacto cos clientes e provedores mediante a rede UMTS.
Europa foi pioneira no nacemento da 3G, a través dos programas de investigación RACE, ACTS e IST, iniciados a comezos da pasada década, e máis tarde dentro do seo de ETSI. Dende 1998, está en desenvolvemento en cooperación coas organizacións de estandarización no 3GPP.
España, dentro do marco europeo, foi un dos países pioneiros en tecnoloxía UMTS e por raro que pareza, foi un dos primeiros países en lanzar o servizo, situándose por diante de países como Alemaña e o Reino Unido, nos que esta tecnoloxía saíu ó mercado con máis dun ano de atraso respecto a España.
En España, o pasado 13 de marzo do ano 2000 adxudicáronse as 4 licenzas UMTS dispoñíbeis as operadoras Telefónica Móviles (MoviStar), Airtel (actualmente Vodafone), Amena (actualmente Orange) e ao consorcio Xfera (máis coñecido como Yoigo).
(en castelán)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.