Unha viaxe á Lúa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha viaxe á lúa,[1] no orixinal inglés A Voyage to the Moon: With Some Account of the Manners and Customs, Science and Philosophy of the People of Morosofia and Other Lunarians, é unha novela de ciencia ficción escrita en 1827 polo estadounidense George Tucker. En galego foi editada por Urco editora en 2009 e a tradución correu a cargo do ourensán Xabier Cid.
Características
É principalmente unha sátira mesturada coa reflexión moral así como unha análise económica daquel tempo e unha predición do futuro. Lembra en certos aspectos ás Viaxes de Gulliver.
Cómpre sinalar o enorme interese de Tucker nos avances científicos, aos que se refire seguido. A teoría do Big Splash ou formación da Lúa a partir da Terra é unha das ideas sobre as que xira a obra o autor e que resulta ser unha teoría aceptada nos nosos tempos.
Notas
- ↑ "Ficha do libro". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- A Voyage to the moon en Google Books. (en inglés)
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.