A Universidade Politécnica de Madrid (UPM), é unha universidade pública con sede na Cidade Universitaria de Madrid e con instalación en varias localizacións de Madrid (Cidade Universitaria, Campus Sur en Vallecas, entre outras) e Boadilla del Monte.
Foi fundada en 1971 ao agrupar diversos centros xa centenarios que estaban adscritos a distintos organismos.
As súas facultades ou escolas imparten maioritariamente ensinanzas técnicas, xa que na súa creación agrupou estas ensinanzas mentres que as ciencias experimentais e humanidades foron agrupadas na Universidade Complutense de Madrid.
Nos anos 2008, 2009 e 2010 algunhas das súas antigas escolas de enxeñeiros técnicos e escolas superiores, como as de Enxeñarías Aeronáuticas ou de Agrónomos, sufriron un proceso de fusión para adaptarse ás novas titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior. Xurdiron novos centros, localizados nos mesmos edificios, pero independentes dos centros existentes.
A UPM foi considerada como a mellor universidade politécnica de España durante os últimos anos na clasificación anual do diario El Mundo.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Actualmente iniciáronse os trámites para o cambio na denominación de oito das Escolas, este proceso consiste en obter o informe pertinente do Consello Interuniversitario da Comunidade de Madrid e a autorización do Consello de Goberno da Comunidade para, solicitar ao Goberno de España a inclusión dos novos nomes no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).
A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Telecomunicación pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Sistemas de Telecomunicación.
A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo.
A Escola de Enxeñería Forestal e do Medio Natural pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, Forestal e do Medio Natural.
A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas e Enerxía.
A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería da Edificación.
A Escola Universitaria de Informática pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Sistemas Informáticos.
A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Deseño Industrial.
A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Obras Públicas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil.
Instituto de Enerxía Solar
Instituto de Fusión Nuclear
Instituto de Investigación do Automóbil (INSIA),[3] que leva a cabo o proxecto EPISOL, cuxo obxectivo é o deseño e a fabricación dun vehículo urbano lixeiro con propulsión eléctrica híbrida.[4]
Instituto de Microgravidade Ignacio da Riva
Instituto de Sistemas Optoelectrónicos e Microtecnoloxía (ISOM)
Centro de investigación en biotecnoloxía e xenómica de plantas (CBGP)
Centro de electrónica industrial (CEI)
Centro de estudios e investigación para a xestión de riscos agrarios e medioambientais (CEIGRAM)
Centro de investigación en materiais estruturais (CIME)
Centro de Innovación en Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (CITDH)
Outros centros
Parque Científico e Tecnolóxico
Centro de Supercomputación e Visualización de Madrid, situado na Facultade de Informática. Alberga o supercomputador Magerit, o supercomputador máis potente de España,[6] que forma parte da Rede Española de Supercomputación.
Pedro Puig Adam (enxeñeiro industrial), enxeñeiro e matemático.
José de Echegaray (enxeñeiro de camiños), matemático, dramaturgo, político. Premio Nobel de literatura 1904.
Elena Salgado (enxeñeira industrial), exministra de sanidade e consumo, exministra de Administracións públicas, ex-vicepresidenta segunda do goberno e exministra de economía e facenda.
Miguel Fisac (arquitecto), Premio Nacional de Arquitectura de 2003.
Rodolfo Martín Villa (enxeñeiro industrial), exministro e ex-vicepresidente primeiro do Goberno.