Universidade Iaguelónica de Cracovia
institución académica en Cracovia (Polonia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición da clasificación Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que mantivo durante séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón. Baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.
Universidade Iaguelónica de Cracovia | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Na actualidade (2004), con 41.086 estudantes e 3.407 científicos, é unha das universidades europeas máis importantes. Tamén conta cun Centro de Estudos Galegos baixo a dirección da doutora Maria Filipowicz-Rudek.