Universidade Politécnica de Cataluña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Politécnica de Cataluña (Universitat Politècnica de Catalunya·BarcelonaTech en catalán e oficialmente), coñecida como UPC, é unha universidade pública da Generalitat de Cataluña, especializada nos ámbitos da arquitectura, as ciencias e a enxeñería.
Universitat Politècnica de Catalunya | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Barcelona |
Datos actuais | |
Reitor | Francesc Torres Torres |
Datos de contacto | |
Enderezo | Colexio de San Xerome C. Jordi Girona, 31 08034. Barcelona |
Páxina web | http://www.upc.edu |
[ editar datos en Wikidata ] |
É a universidade técnica máis grande de Cataluña. Ten como finalidade a internacionalización, xa que é a maior universidade técnica de España en canto a número de alumnos graduados internacionais, así como a universidade española con máis estudantes internacionais de mestrado. Ao contrario que outras universidades politécnicas do mundo,[Cómpre referencia] a UPC é unha universidade que aspira á excelencia en todos os seus estudos, polo que ten convenios coas mellores universidades europeas.
En 2011 situouse como a mellor universidade politécnica de España e en 2018 no número 81 da clasificación mundial de universidades de enxeñería e tecnoloxía segundo a clasificación QS World University,[1] así como a primeira universidade europea en másters Erasmus Mundus.[2]