Universidade de Oviedo
universidade pública asturiana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Oviedo (en asturiano: Universidá d'Uviéu) é unha universidade pública situada en Oviedo, Principado de Asturias (España), con campus en Oviedo, Xixón e Mieres. É a única universidade da comunidade autónoma, onde non existen universidades privadas. O orzamento para o ano 2010 é de 210 millóns de euros .[1]
Datos rápidos Datos xerais, Localización ...
Universidade de Oviedo | |
---|---|
"Sigillum Regiae Universitatis Ovetensis" | |
Datos xerais | |
Localización | Oviedo, Xixón e Mieres |
Datos actuais | |
Reitor | Santiago García Granda |
Alumnos | 27.284 (Curso 2009-2010) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Rúa de San Francisco Nº 4 Oviedo, Asturias |
Páxina web | www.uniovi.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Foi unha das dez universidades de España durante o século XIX. No curso 2009-10 conta con 27.284 alumnos e 2.154 profesores.[2]
A Universidade de Oviedo é membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.