Utrecht
From Wikipedia, the free encyclopedia
Utrecht (en neerlandés [ˈytrɛxt] (AFI)) é unha cidade dos Países Baixos, capital e cidade máis grande da provincia homónima. Localizada no límite nordeste do Randstad, é a cuarta cidade máis poboada do país, con 299.484 habitantes. A aglomeración urbana máis pequena da cidade, que inclúe suburbios adxacentes e cidades anexas, suma 640.000 habitantes rexistrados, mentres que a rexión máis ampla acada os 820.000.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Utrecht | ||||
Capital de | |||||
Capital | Utrecht (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 359.370 (2021) (3.618,3 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 172.749 (2015) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 99,32 km² | ||||
Bañado por | Merwede canal (en) , Leidse Rijn (en) , Drift (en) , Oudegracht (en) , Minstroom (en) , Vecht (en) , Plompetorengracht (en) , Vaartse Rijn (en) , Zwarte Water, Utrecht (en) , Vleutense Wetering (en) , Kruisvaart (en) , Biltsche Grift (en) , Stadsbuitengracht (en) , Kromme Nieuwegracht (pt) , Nieuwegracht (en) , Kromme Rijn (en) e Amsterdam–Rhine Canal (en) | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | Woerden (pt) Houten (Países Baixos) (pt) Nieuwegein (pt) IJsselstein Bunnik (pt) De Bilt (pt) Zeist (pt) Stichtse Vecht (pt) Montfoort (pt) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | college van burgemeester en wethouders of Utrecht (en) | ||||
• Alcaldesa | Sharon Dijksma (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3450–3455, 3546 e 3500–3585 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 030 | ||||
Código NUTS | NL310 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | utrecht.nl | ||||
A zona antiga de Utrecht ofrece numerosos edificios e estruturas das súas orixes en diante. Ademais ten sido o centro relixioso dos Países Baixos dende o século XVIII, e actualmente é a sede do Arcebispado de Utrecht, o máis importante líder da Igrexa católica nos Países Baixos.[2] Utrecht é tamén sede dun arcebispo da Igrexa Veterocatólica dos Países Baixos, e ademais na cidade atópanse das oficinas centrais da Igrexa Protestante nos Países Baixos.
Durante a idade de ouro Utrecht foi a cidade máis importante do norte dos Países Baixos (o actual país, excluíndo Bélxica e Luxemburgo), até Ámsterdam converterse no centro cultural e demográfico.
A cidade é ademais anfitrioa da Universidade de Utrecht, a máis grande dos Países Baixos, así como de varios importantes institutos de educación superior. Debido á súa posición central no país é un importante eixo de transporte, tanto por ferrocarril como por estrada. Ademais, a cidade alberga o segundo maior número de eventos culturais do país despois de Ámsterdam.[3]
Hai dúas localidades homónimas relativamente importantes, unha en Suráfrica e outra en Suriname, ambas como consecuencia da presenza neerlandesa en ambos países.