Vítor Amadeu II de Savoia
duque de Savoia e rei de Sardeña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vítor Amadeu II de Savoia, nado como Vittorio Amedeo Francesco o 14 de maio de 1666 en Turín,[1] e finado o 31 de outubro de 1732, foi duque de Savoia entre 1675 e 1732, e posteriormente rei de Sicilia (1713-1720) e rei de Sardeña (1720-1732). Tamén ostentaba os títulos de marqués de Saluzzo, duque de Monferrato, príncipe de Piemonte, conde de Aosta, Saint-Jean-de-Maurienne e Niza.
O rei Lois XIV de Francia organizou a súa voda para manter a influencia francesa no ducado, pero axiña Vítor Amadeu se desvinculou da influencia de Francia. Trala morte do seu pai en 1675, a súa nai tomou a rexencia no seu nome (xa que só tiña 9 anos) até 1684. Despois de loitar na guerra de sucesión española, converteuse en rei de Sicilia en 1713, pero viuse forzado a cambiar o seu título polo de rei de Sardeña en 1720.