From Wikipedia, the free encyclopedia
Valdejalón (en castelán; en aragonés: Val de Xalón) é unha comarca de Aragón, en España, situada no centro-oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é La Almunia de Doña Godina.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Nomeado en referencia a | Jalon river valley (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | La Almunia de Doña Godina | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 933,3 km² | |||
Bañado por | Río Jalón | |||
A comarca engloba aos municipios de Almonacid de la Sierra, La Almunia de Doña Godina, Alpartir, Bardallur, Calatorao, Chodes, Épila, Lucena de Jalón, Lumpiaque, Morata de Jalón, La Muela, Plasencia de Jalón, Ricla, Rueda de Jalón, Salillas de Jalón, Santa Cruz de Grío e Urrea de Jalón.
Limita ao norte coa Ribera Alta del Ebro e o Campo de Borja, ao oeste con Aranda, ao sueste coa Comunidade de Calatayud, ao sueste co Campo de Cariñena e ao leste con Zaragoza.
A súa economía baséase na industria de transformación agraria de La Almunia e, en Épila, as industrias auxiliares da planta de Opel España de Figueruelas. Na agricultura, destaca o cultivo dos cereais e vide no val do río Jalón. Tamén se sitúa na bisbarra a Escuela Politécnica de La Almunia, na que estudan máis de tres mil alumnos.
O día 14 de decembro de 2001, o cómite da Unesco declarou o Mudéxar aragonés como ben singular e insubstituíble para a humanidade. En Valdejalón hai unha ampla lista de monumentos mudéxares. Outro patrimonio interesante son as casas cova habitadas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.