Valdoviño
concello da comarca de Ferrol, na provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Aviño | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.889 (2023) (77,82 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 88,52 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 243 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto González Fernández | ||||
Eleccións municipais en Valdoviño | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15552 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15087 | ||||
Páxina web | concellodevaldovino.com | ||||
Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira. Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América[1]. As praias do termo municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os afeccionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro se celebra o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comezou a súa andaina en 1988.
A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.