
Varsovia
capital e cidade máis poboada de Polonia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Varsovia[1][2] (en polaco: Warszawa, [varˈʂava] (AFI), escoitar; en alemán: Warschau) é a capital e cidade máis poboada de Polonia. A cidade atópase na chaira do río Vístula no corazón da rexión de Mazowsze (da que tamén é capital), aproximadamente a medio camiño tanto da costa do mar Báltico coma dos Montes Cárpatos.
A súa poboación no ano 2017 era de 1 753 977 persoas, cunha área metropolitana de preto de 3,1 millóns de persoas.[3] A área total da cidade abrangue 519,9 km2, e a aglomeración 6.100,43 km2 (Área metropolitana de Varsovia, Obszar Metropolitalny Warszawy). Varsovia é a oitava maior cidade da Unión Europea.
Varsovia | |||
---|---|---|---|
Warszawa | |||
| |||
![]() | |||
Liña do horizonte da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Voivodato | Masovia | ||
Powiat | Condado da cidade | ||
Xeografía | |||
Altitude | 78-116 msnm | ||
Superficie | 517,24 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 753 977 (2017) | ||
Densidade | 3 375 hab/km² | ||
Xentilicio | Varsoviano/a[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 00-001 a 04–999 | ||
Alcalde | Hanna Gronkiewicz-Waltz (PO) | ||
Páxina oficial de Varsovia |
A cidade ten numerosas industrias, entre elas de manufacturados, enxeñaría eléctrica e automóbil, é sede de 66 institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Varsovia e a Universidade Tecnolóxica de Varsovia, a Escola Superior de Negocios, e unha Academia Médica. En Varsovia hai máis de 30 teatros, entre eles o Teatro e Ópera Nacionais e a Orquestra Filharmónica Nacional.
O nome da cidade deu lugar ao Pacto de Varsovia, á Convención de Varsovia, ao Tratado de Varsovia e ao chamado Levantamento de Varsovia.